Friday 26 de April de 2024

A Xunta impartirá catro obradoiros en Outes, Porto do Son, Ribeira e Rianxo para formar a 71 alumnos cun investimentos de máis de 1,4M€


O representante do Goberno autonómico animou ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá no acto de apertura do obradoiro xuvenil de Ribeira,. En total, formaranse a 15 alumnos en operacións básicas de Cociña que contou cunha achega da Xunta de máis de 346.000 euros.
O representante da Xunta na Coruña destacou que na comarca de Barbanza está prevista a realización de catro obradoiros dous ordinarios duais e dous de garantía xuvenil, concretamente os ordinarios celebrarase en Serra de Outes compartido con Lousame e Noia e en Porto do Son compartido con Ribeira e os de Garantía Xuvenil nos concellos de Ribeira e Rianxo. A Xunta achega máis 1,4 millóns de uros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.
Os curso de Serra de Outes formará a 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, o de Porto de Son a outros 20 desempregados en Carpintería e Moble e en actividades auxiliares en conservación e mellora de mobles o de garantía xuvenil en Ribeira forma a 15 alumnos en operacións básicas de cociña e o de Rianxo a 16 desempregados en confección e publicación de páxinas web.
Trenor destacou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Os obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres meses.
O representante do Goberno autonómico destacou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego incluso antes de rematar a súa formación. “Por iso é tan importante que aproveitedes cada minuto deste ano de formación”

O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante 9 meses e de de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”
Clausura taller de formación Lousame
O delegado da Xunta desprazouse tamén ata Lousame para clausurar o obradoiro de emprego deste concello, compartido con Noia, que se impartiu o ano pasado centrado en aproveitamentos forestais no que se formaron a 20 alumnos e que realizaron as súas prácticas no polígono de Noia e en varios lugares do municipio de Lousame e que contou cunha achega máis de 400.000 euros.
Trenor apuntou que despois de algo máis dun ano de formación, xa que estes cursos se pospuxeron durante os meses de confinamento e cando se retomaron cumpriron os meses establecidos inicialmente, “agora toca saír a buscar un emprego co aval da mellor formación nunha área na que existe unha gran demanda”.
O delegado da Xunta recalcou que agora “estades mellor preparados ca nunca para conseguir un posto de traballo o para emprender proxectos propios porque contades cun título oficial válido en toda España que acredita a vosa preparación”. Neste senso, desexoulles aos participantes o mellor nestes meses de tanta dificultades e animou aos alumnos a poñer empeño e vontade para acadar os seus obxectivos.